Preguntas

Nesta páxina intentaremos dar resposta ás preguntas que con mais frecuencia nos fan os nosos clientes. Recomendamos sempre chamar ó 615291529 (tamén por Whatsapp) para consultar calquera dúbida e pedir un presuposto personalizado.


Qué inclúe a contratación da discomóbil?

No prezo está incluído o equipo de son e iluminación, transporte, montaxe e desmontaxe e ata 3 horas de música con DJ.  Tamén a SS e o Seguro de Responsabilidade Civil, claro.

Por qué hai distintos prezos para a discomóbil?

O prezo varía dependendo do día do evento. É mais barato un día de semana e/ou durante o inverno que un sábado no verán ou o día de Fin de Ano.

Qué inclúe a contratación dunha reportaxe de voda?

O básico sería a sesión de fotógrafía do día da voda, que pode incluir reportaxe na casa da noiva, do noivo, cerimonia, posados, aperitivo, banquete, baile... Cada evento é distinto e as necesidades das parellas tamén. A nós gústanos ir dous fotógrafos para cubrir o evento de principio a fin e ter sempre as imaxes dos mellores momentos. Levar un segundo fotógrafo dalle un plus de calidade á reportaxe. Tamén incluimos sempre un álbum coas mellores fotos, con distintos acabados e prezos.

Hai distintos estilos, pero o mais habitual é a reortaxe de tipo documental, con especial atención ós momentos únicos e a plasmar emocións.

E dunha pre ou postvoda?

Unha pre ou postvoda son reportaxes de parella. Fanse nalgunha paraxe bonita ou lugar con especial significado para os noivos. A prevoda é a última reportaxe como soteiros. Sole facerse con vestiario informal. Serve para coñecernos, para ter fotos que compartir cos convidados... A postvoda pode facerse se se desexa co vestiario da voda.

Neste tipo de reportaxes búscase un tipo de fotografía máis romántica e artística.

Cómo planificades unha reportaxe de voda?

Empezamos por ter unha entrevista persoal para coñecernos. Formalizamos un contrato onde indicamos os traballos que se inclúen, condicións e prazos de entrega. Imos facer un pequeno cuestionario para saber as necesidades da parella (gustos, fotos...) e os horarios e lugares do evento (casas dos noivos, igrexa/Casa do Concello/restaurante...). E estaremos en contacto 24/7 desde ese día ata o do evento para calquera detalle que vaia xurdindo.

Cánto tardades en entregar a reportaxe fotográfica?

30 días. Non queremos que esteas esperando meses e meses. A reportaxe é para compartir e non ten sentido esperar mais do razonable. Se nos retrasamos na entrega contémplase unha penalización económica no contrato.

Por qué os prezos son "desde x €"?

Porque hai distintos gustos e demandas. Nalgunhas vodas só fan unha reportaxe fotográfica da cerimonia, posados e restaurante. E noutras (a maioría) facemos tamén pre-voda, casa dos noivos, banquete, baile, post-voda...

Quero facer un videoclip con dron, hai algunha restrición á hora de voar?

Si. Os drons que usamos son aeronaves. Necesítase un carnet para pilotalos, un Seguro de Responsabilidade Civil e ser Operador. Hai leis que regulan o seu uso e os espazos onde se pode e non se pode voar. As sancións poden chegar ata os 225.000€ (link1link2). Antes de contratar un servizo deste tipo recomendamos contactar para informarse chamando ó noso número, 615291529.

entrar (Galego)entrar
2019 © eventos-galicia.comcreado en Bluekea