Fotografía 360º:
Un tour virtual fotográfico é a mellor carta de presentación para mostrar un inmoble.
Son perfectamente compatibles con calquera dispositivo móbil, e poden compartirse fácilmente por Whatsapp, Facebook, mail, etc. Tamén permiten o emplazamento publicitario da marca, mostrando profesionalidade, xenerando confianza e evitando o uso pola competencia.
Fan máis áxil o proceso de venda/aluguer: o cliente pode visitar mais de un inmoble desde o seu sofá e seleccionar os seus preferidos, para despois ir á inmobiliaria sabendo o que necesita, optimizando así tempo e recursos, cunha mellor conversión visitas-vendas.
Video
Os tours virtuais de vídeo serven para aportar unha experiencia única e diferenciadora.
Axudan a facer máis áxil e eficiente o proceso de venda/aluguer: O cliente pode visitar mais de unha propiedade sen saír da súa casa ou a oficina e ver detalles que non se aprecian nas fotografías.
Todo esto supón un aforro de tempo e cartos, xa que non precisamos ter un axente todo o día mostrando inmobles, se non que o potencial cliente verá moitos mais, escollerá os seus preferidos e despois poderemos centrar a venda nos inmobles que mais lle gustaron.
Video con dron
O uso de vídeo aéreo é un elemento diferenciador para mostrar un inmoble/negocio. O noso traballo é tentar maximizar o valor da propiedade, y desde logo que con este servizo a súa propiedade vai destacar.
O potencial comprador verá a súa futura casa con todo luxo de detalles, a vista de paxaro e obtendo unha visión clara da ubicación, exteriores e incluso interiores.
O comprador tamén agradece e valora o servizo. A inmobiliaria xenera confianza ó ofrecer un portfolio/vídeo profesional ós seus clientes. Vai destacar por diante de outras que envían fotos/vídeos feitas co móbil. E, por suposto, cando recibe no seu correo a información da propiedade, recórdaa como “a do dron”, co que indudablemente xenera un maior impacto